Algunhas destas versións, como a de Luís Miguel, non me convencen demasiado e é precisamente polo fraseo, xa que o seu timbre e impostación me parécen excelentes (falábavos desta pequena “teima” miña ao principio do artigo). Outras, como a de Ruben Blades, ADÓROAS, por usar un termo “ bolerístico” jajaja...
Observade tamén, como fraseo e variacións melódicas entrelázanse, coma se as variacións rítmicas e melódicas se influenciásen mutuamente. En realidade, a música é un “todo”, un organismo composto de elementos conectados entre si que tentamos desfarelar para podela entender e estudar.
Agora que comparastes os distintos fraseos de “ Fly me to the Moon” e de “Vostede” probade a escoitar en youtube as cover das cancións que vos gusten e logo tentade facer as vosas versións. Cantádeas cunha base instrumental para que esta vos sosteña nunha estrutura estable, temporal e harmónica pero procurade que esa base non teña sincronizada a letra na pantalla, ou se só atopades un karaoke con letra sincronizada non o leades. É mellor que teñades a letra escrita nun papel ou nun word, no que poidades anotar os lugares onde queredes respirar, onde “xuntades” e “separades” as notas.
Trátase de facer variacións rítmicas e de respirar en lugares interesantes, que cambien o punto de atención, non queremos, desde logo, alterar (nin esnaquizar) a canción... O mesmo vale para os acentos sobre as sílabas. Por moito que a palabra “liberdade”, por exemplo, inspírenos, non podemos acentuala demasiado se se atopa nun espazo musical moi delicado, por exemplo un pianissimo, un legato... Sería como espertar a alguén que dorme plácidamente cunha bomba ou unha labazada...
Por iso, eu creo que o fraseo e a musicalidade van moito da man. Así que, non vos deades por vencidxs e empezade, na medida do posible a estudar música en xeral, non soamente técnica vocal. Podedes escoitar tamén as versións instrumentais das vosas cancións favoritas. Ás veces poden ser moi formativas.
Xa para terminar douvos algúns consellos sobre as variacións melódicas. Ao principio, e se nunca o fixestes, pódevos parecer complicado. É lóxico, levamos ás nosas costas un larguísimo percorrido escolar no que aprendemos a colorear sen saírnos polos bordos, a escribir sobre a liña ou entre os cuadritos e a reproducir as melodías exactamente igual ao modelo.
Improvisar ou facer variacións supón psicoloxicamente un salto no baleiro. Ademais necesitamos ter un oído musical o bastante educado. O mellor é aprender a tocar un instrumento harmónico (guitarra, piano, ukulele...) e se non sabedes tocar un instrumento, pedídelle a alguén que vos acompañe cun único abacele mentres probades a cantar sobre el. Probade unha nota, logo dúas, logo tres, logo catro ou máis...
A continuación pedídelle que cambie o acorde e seguide probando con varios acordes ata que sintades segurxs. Entón é o momento de probar con cadencias (progresións) de dous tres ou máis acordes seguidos, improvisando sobre eles. Ao principio cantade dous ou tres notas longas soamente e aos poucos introducides máis notas e máis rápidas. Exemplos de cadencias fáciles.